BREVE HISTORIA
En 2012 asisto por primeira vez á escola Hangar des Mines (Francia) onde coñeo a formación na arte do Clown da man de Michel Dallaire, Christine Rossignol y Emmanuel Sembely.
Realizando moitas formacións de clown con distintos profesores, traballando como Payasa de Hospital e con varias compañías, por fin descubro unha pedagoxía de clown que me permite entender e practicar distintas ferramentas técnicas que podo explorar e adestrar.
En 2014, xunto con Carlos Sante e por impulso de Michel, fundamos na Coruña, no seo da Asoc. Cultural Manicómicos, o Hangar Manicómico, un proxecto formativo en Clown en colaboración con Michel Dallaire e os profesores do antigo Hangar deas Mines, que ten por obxectivo continuar coa transmisión da súa pedagoxía.
E… ¿DE QUÉ VAi ESTO?
Unha pedadoxía que aborda o clown combinando un lado lúdico e un traballo técnico, unha exploración tanto física como emocional, e que parte desde escóitaa dun mesmo e a posta en xogo da expresividade propia de cada persoa para trasladala á escena.
Despois de ter a oportunidade de empaparme desta formación como alumna e como tradutora, de levala á práctica e de seguir en constante aprendizaxe (considero que isto do clown segue madurando coa experiencia de vida) animada polo propio Michel e motivada polo meu afán de ensinar e carácter lúdico, hoxe en día gozo de compartir o aprendido nestes cursos da Expresión do Clown.
A EXPRESIÓN DO CLOWN
10 ao 14 de Marzo de 2025 en Tub d’Assaig, Terrassa (Catalunya)
+ info e inscripcións en :
escolatub770@gmail.com whatsapp 620 27 25 20 (Jordi)

A EXPRESIÓN DO CLOWN
7 ao 11 de Abril de 2025 na Sala Indómito, Zaragoza
+ info e inscripcións en :
sala.espacioindomito@gmail.com

A EXPRESIÓN DO CLOWN
10 ao 14 de Novembro de 2025 en Sala Indómito, Zaragoza
+ info e inscripcións en :
sala.espacioindomito@gmail.com

EXPLORA O TEU CLOWN
22 e 23 de Novembro de 2025 en Artestudio Formación, A Coruña
+ info e inscripcións en :
667 614 978 (WhatsApp)

* Podes consultar toda a información en hangarmanicomico. ou preguntar por formacións adaptadas ás túas necesidades.