Sempre Arriba

É unha actitude, un aquí e agora, un atreverse, un adaptarse e continuar.

Ola, son Marta Iglesias

clown, cirquera, formadora e directora.

Sempre Arriba é a compañía de clown e circo coa que me presento, son Marta Iglesias, artista multidisciplinar galega. Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, e formada en escolas como Oreka Zirko Eskola (Pamplona), International Clown School (Ibiza), Circo Criollo (Buenos Aires) e Hangar des Mines (Francia), sendo nesta última onde me especialicei na pedagoxía clown de Michel Dallaire.

Despois de 7 anos dedicada ao clown de hospital coa Fundación Theodora, alén das colaboracións con outras compañías de clown, improvisación, teatro de rúa e circo, en 2018 comezo a miña andaina en solitario creando e presentando os espectáculos Oda ao Amor (2018), C’est Pas Possible (2019) e o meu último traballo Hoxe Si! (2023) nos que desfruto empregando o clown como elemento comunicativo e combinándoo coa acrobacia aérea.

Agradecida dos seguintes recoñecementos:

Premio a Mellor Espectáculo de Rúa con Hoxe Si! en los II Premios Manu Lago da Asoc. de Profesionais de Circo de Galicia (2025)

Premio do Xurado ao Mellor Espectáculo con Oda ao Amor, no Encuentro de Payasas Mujeres con Narices, Gran Canaria. (2020)

Premio a Mellor Actriz coa Cía. Immaginario Teatro no Festival de Teatro de Mora (2017)

Actualmente, teño o pracer de representar os meus espectáculos, impartir formacións de clown, acompañar como mirada externa en procesos creativos e colaborar con outras compañías.